No vinte aniversario de “Días sen gloria”

“Eu tenho a suspeita de que um espectáculo compon-se de tres sonhos. O primeiro, o do autor, que presiente un mundo e passa-o (dolorosamente) a un papel: o segundo o que se materializa no cenário; na luz, na música, na carne palpitante dos artistas; e o terceiro o sonho que se provoca em cada espectador. A min tocou-me en azar, ordear enriba de un palco  o que, ao meu parecer, é o sonho mais fermoso que Roberto Vidal deitou sobre o papel”

Quico Cadaval (“Arredor de Días sen gloria“)

diasXenaro(tumbadoconcarro)300ppp_15x20 copia

Roberto Vidal Bolaño, na representación de “Días sen gloria”(1993). Fotografía de Xenaro Martínez


Cúmprense neste 2013 vinte anos da estrea de Días sen gloria, unha montaxe dirixida por Quico Cadaval e protagonizada polo propio Roberto Vidal Bolaño e o resto do elenco de Teatro de Aquí.  O vindeiro día 5 de abril, e baixo a dirección de Fefa Noia, o Centro Dramático Galego estreará unha nova versión da obra que fora premio Rafael Dieste no ano 1992, ademáis de facer unha completa proposta pedagóxia, biográfica e crítica na súa páxina web.  Tal e como afirma  tamén Manuel Guede na introducción á obra publicada en 1993, “Vidal Bolaño soubo en Días sen gloria vincular dúas grandes mitoloxías : a do camiño francés e a do western , finalmente as dúas fronteirizas, pero máis que como feito físico como sustrato interior, iso que se chama o espírito da fronteira”.

Dúas son as edicións  coas que conta a BUSC desta obra:

  • – A primeira delas, a editada pola Deputación Provincial da Coruña no ano 1992 con ilustracións de Quintana Martelo.
  •  –Programa de man do día do estreno, con textos de Manuel Guede, Quico Cadaval, e Manuel Quintáns. Contén tamén o texto completo da obra, o elenco cun breve curriculum, e fotografías da montaxe.
días e días

A esquerda, a edición de 1992 ilustrada por Quintana Martelo. A dereita, o programa da obra.

Cómpre decir que existe unha versión en castelán, do autor, publicada na revista ADE  Teatro  (n. 31-32, 1993) e que se pode consultar en liña na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica, acompañado de sendos artigos de Manuel Guede (“El teatro universal de Roberto Vidal Bolaño”) e Manuel Quintáns (“Los secretos de un teatro gallego universal”).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s