Cronoloxía de RVB

 

1950                Nace en Santiago de Compostela o 31 de xullo no barrio de Vista Alegre.

1964                Asiste ás sesións do cineclub da Asociación Fotográfica Compostelana onde coñece a os grandes mestres e as vangardas do cinema universal.

1971                Entra en contacto co Equipo Lupa (Euloxio R. Ruibal e Felix Casado). Neste ambiente afianza os seus coñecemento das técnicas narrativas e cinematográficas.

1974                Entra a traballar nunha oficina bancaria de Compostela. Con Xaquín García Marcos crea o grupo Antroido.

1975                Dirixe o espectáculo Amor e crimes de Xan o Panteira de Eduardo Blanco-Amor na que participa tamén como actor.

1976                Casa con Laura Ponte, actriz, e vive unha etapa de intensa actividade como actor, director e dramaturgo. Laudamuco, señor de ningures, reflexión sobre as formas de poder, obtén o Premio Abrente.

1977                Publíca  Laudamuco, señor de ningures  xunto con Ledaíñas pola morte do Meco. E despedido do banco onde traballaba e entrégase  aínda con mais forza ao teatro.

1978                De este ano son os espectáculos  Memoria de mortos e ausentes  (Premio Abrente) e Antroido na rúa destacando a montaxe de Laudamuco… dirixido por Eduardo Alonso no Colexio La Salle de Compostela con Vidal Bolaño como protagonista.

1980                Teatro do Estaribel (cooperativa na que participaban os grupos Antroido e Andrómena) estrea Bailadela da morte ditosa dirixida tamén por Eduardo Alonso que será Premio Abrente este mesmo ano.

1983                E o ano de  Perceval espectáculo multidisciplinar producido por Teatro do Antroido no que Vidal Bolaño participa como actor protagonista e director ademais de autor partindo do Percival e outras historias  de X.L. Méndez Ferrín. Obtén a Medalla de ouro (Premio Cidade de Valladolid).

1984                Ano de creación do Centro Dramático Galego. Vidal Bolaño escribe e dirixe  Agasallo de sombras visión desmitificadora de Rosalía de Castro e a súa relación con Manuel Murguía. Neste momento iniciase un certo distanciamento de unha parte do ámbito teatral debido a súa polémica cos representantes do poder político.

1985                O monologo “Caprice de Dieux : discurso cívico para actor e monecos ou fixoa boa señor conselleiro” que escribe e interpreta, reflicte a súa visión profundamente crítica do teatro galego. Custaralle un veto que se prolongará oito anos. Neste mesmo ano nace a Televisión de Galicia e, aínda sen abandonar totalmente a escrita e o espectáculo teatral, comeza a participar como actor, director de sala e artístico da productora CTV-Galaxia.

1986                Segue escribindo, dirixindo e producindo teatro. Deste ano é Cochos

1987                Escribe e dirixe Novo de Parmuíde, película de 56 minutos baseada en relatos de Cunqueiro.

1988                Sepárase de Laura Ponte.

1989                Participa como actor en  Sempre Xonxa de Chano Piñeiro. Nesta época comeza a rodaxe do episodio piloto da serie “Morosos Varios” que escribe e dirixe.

1991                Obtén o Premio Alvaro Cunqueiro con  Saxo Tenor

1992                Casa con Belén Quintáns e con ela funda a compañía Teatro do Aquí. Neste ano  Días sen gloria obtén o Premio Rafael Dieste e queda finalista do Premio Nacional de Literatura. Sotelo Blanco publica  Cochos

1993                Para  Teatro do Aquí dirixe Saxo Tenor e protagoniza como actor Días sen gloria dirixida por Quico Cadaval.

1994                Recibe o primeiro premio do certame Camiño de Santiago de Teatro Profesional por As actas escuras  obra polémica que non conseguiu verse publicada, e menos representada, ata anos mais tarde. Deste ano son as montaxes A opera de a patacón  e Touporroutou da lúa e o sol.

1995                O desengano do prioiro de Ramón Otero Pedrayo.

1996                Na colección Teatro nas Aulas da Asociación Socio-Pedagóxica Galega publica Touporroutou da lúa e o sol. Monta “Oé, Oé, Oé” de Maxi Rodríguez ca que acada máis de cento cincuenta representacións e obtén os María Casares ó mellor espectáculo e actor protagonista.

1997                Edítanse As actas escuras nun volume colectivo canda un texto de Manuel Lourenzo e outro de Euloxio R. Ruibal. Neste mesmo ano obtén o Rafael Dieste por Doentes (levada ao cinema en 2011 co mesmo título)  e estrea Anxeliños.

1998                Estrea Rastros  e Doentes con Teatro do Aquí. Obtén o María Casares ó mellor espectáculo por Anxeliños

1999                Estrea con Teatro do Aquí o monólogo Sen ir mais lonxe (Premio María Casares ó mellor texto orixinal e actor protagonista) e monta o texto de Daniel Cortezón Xelmirez ou a gloria de Compostela  para o CDG. Deste mesmo ano é a película La lengua de las mariposas de José Luis Cuerda na que traballa como actor.

2000                Estrea Criaturas con Teatro do Aquí (Premio Eixo Atlántico 1999, , María Casares 2000 e Premio Max de Teatro 2001) e A burla do galo co CDG.

2001                Mar revolto co CDG e Os papalagui, versión teatral do texto de Tuaiavii de Tiavea, con Teatro do Aquí. Con esta útima obtén o Premio María Casares ó mellor actor protagonista.

2002                Publicase na Trabe de Ouro o texto de Sen ir máis lonxe. Para o CDG monta a Rosalía do seu admirado Ramón Otero Pedrayo. Neste mesmo ano estrea con Teatro do Aquí Animaliños (Premio María Casares ó mellor espectáculo, iluminación e dirección) e deixa pendente de publicación Integral (2003), encargo do Padroado de Cultura do Concello de Narón para a súa Escola de Teatro.  O día 11 de setembro morre en Compostela. Foi velado por amigos, familiares e compañeiros no escenario do Salón Teatro e trasladado ao dia seguinte ao cemiterio de Boisaca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s