
X. Manuel Olveira, “Pico”, no papel de Don Mauro nas “Actas escuras”. Fotografía tomada do dossier do CDG
No ano 1992, As actas escuras gaña o Premio Xacobeo de Textos Teatrais, convocado pola Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago. A convocatoria do premio incluía a publicación do texto e, tamén, a montaxe do espectáculo. Ningunha das dúas cousas tivo lugar no seu momento: a obra foi publicada por primeira vez nunha colección auspiciada pola ASPG e A Nosa Terra e a representación tivo lugar, a estrea mellor dito, dezaseis anos despois. Esta primeira representación, nunha montaxe dirixida por Xulio Lago para o Centro Dramático Galego, tivo lugar, polo tanto, no ano 2010.
Pretendemos ser fieis ao pensamento do autor e incorporar rigorosamente do mellor xeito que soubemos un texto que cuestiona rotundamente a ocultación da verdade, ese uso que preside, parece que impunemente, moitos dos acontecementos da historia nosa de cada día.
Xulio Lago, na presentación da obra no CDG.
O crego don Mauro e o seu sobriño Casiano inician unha investigación, convidados polo cardenal Payá, sobre os presuntos restos do Apóstolo aparecidos na catedral compostelana. Este é o punto de partida da obra de RVB na que o poder da Igrexa, os enganos e ambicións, a ocultacións da verdade e manipulacións dos feitos e a liberdade de pensamento, conforman os puntos básicos da obra, no esceario da Compostela de finais do século XIX.
Nese contrapunto de discursos desaqueloutrados, amputados e xustapostos transcorre a trama da obra que dá conta dos avances técnicos e ideolóxicos, pero tamén das contradicións do século XIX en España, un século que se caracterizou pola aparición das primeiras constitucións modernas no noso país
Ánxela Gracián, no caderno pedagóxico sobre a obra editado polo CDG
Na BUSC contamos coas seguintes edicións:
– A editada pola Concellería de Cultura de Santiago e a editorial A Nosa Terra no ano 2005.
-O volume coeditado entre a Asociación Sociopedagóxica Galega e a editorial A Nosa Terra que recolle, ademáis, O circo da medianoite de Manuel Lourenzo e Maremia de Euloxio R. Ruibal.
-A edición en castelán, con tradución de Rebeca Quintáns, a cargo da editorial Hiru, no ano 2003.
-A incluída nas Obras Completas