“Eu tenho a suspeita de que um espectáculo compon-se de tres sonhos. O primeiro, o do autor, que presiente un mundo e passa-o (dolorosamente) a un papel: o segundo o que se materializa no cenário; na luz, na música, na carne palpitante dos artistas; e o terceiro o sonho que se provoca em cada espectador. A min tocou-me en azar, ordear enriba de un palco o que, ao meu parecer, é o sonho mais fermoso que Roberto Vidal deitou sobre o papel”
Quico Cadaval (“Arredor de Días sen gloria“)
Cúmprense neste 2013 vinte anos da estrea de Días sen gloria, unha montaxe dirixida por Quico Cadaval e protagonizada polo propio Roberto Vidal Bolaño e o resto do elenco de Teatro de Aquí. O vindeiro día 5 de abril, e baixo a dirección de Fefa Noia, o Centro Dramático Galego estreará unha nova versión da obra que fora premio Rafael Dieste no ano 1992, ademáis de facer unha completa proposta pedagóxia, biográfica e crítica na súa páxina web. Tal e como afirma tamén Manuel Guede na introducción á obra publicada en 1993, “Vidal Bolaño soubo en Días sen gloria vincular dúas grandes mitoloxías : a do camiño francés e a do western , finalmente as dúas fronteirizas, pero máis que como feito físico como sustrato interior, iso que se chama o espírito da fronteira”.
Dúas son as edicións coas que conta a BUSC desta obra:
- – A primeira delas, a editada pola Deputación Provincial da Coruña no ano 1992 con ilustracións de Quintana Martelo.
- –Programa de man do día do estreno, con textos de Manuel Guede, Quico Cadaval, e Manuel Quintáns. Contén tamén o texto completo da obra, o elenco cun breve curriculum, e fotografías da montaxe.
Cómpre decir que existe unha versión en castelán, do autor, publicada na revista ADE Teatro (n. 31-32, 1993) e que se pode consultar en liña na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica, acompañado de sendos artigos de Manuel Guede (“El teatro universal de Roberto Vidal Bolaño”) e Manuel Quintáns (“Los secretos de un teatro gallego universal”).