O vindeiro día 5 de maio a compañía de teatro da USC-Lugo pondrá en escena a montaxe Animaliños, segundo nos informan no seu blog a propia Aula de Teatro da USC, no contexto da Mostra de Teatro Universitario de Galicia.
Unha praga de caracois que chega a unha urbanización das aforas dunha cidade da pé a falar da nosa relación coa natureza, de amosar a ironía e o espazo da risa, así como poñer en entredito certas convencións tanto teatrais coma ideolóxicas que residen neste texto do que hoxe falamos. Tamén, e coma afirma Laura Tato:
Técnicamente, Animaliños representa un paso máis na evolución na dramaturxia de Roberto Vidal Bolaño, pois aos recursos parateatrais presentes ao longo da súa traxectoria dramática, semella que quixo engadir recursos, non só do cinema, senón tamén da banda deseñada.
Laura Tato Fontaíña Roberto Vidal Bolaño, unha vida para o teatro, p.72

Cartel de “Animaliños” de RVB, adaptación libre de Paloma Lugilde e que se leva a escena no contexto do Festival Internacional de Teatro Universitario da USC
Pero, por riba de todo, interésanos especialmente o que di a investigadora sobre a edición de Animaliños da que imos facer referencia hoxe. Refírese á necesidade de ter textos teatrais ben editados e laiase de que, naquel momento- no ano 2003 é cando se escribe esa crónica- non existiran aínda unhas obras completas das que hoxe, por fortuna, xa gozamos e que se poden atopar nos fondos da BUSC. Volvendo de novo a esta edición, reproducimos as palabras da autora:
Esta edición de Animaliños publicada por Follas Novas é, sen dúbida, unha pequena xoia que non debe pasar desapercebida e pola que cómpre seguir animando aos editores a non deixar de explorar os camiños da edición teatral, mesmo a eririxirse en referentes desde o ámbito da edición. Interesan especialmente os estudios introductorios de Alonso Girgado, Teresa Monteagudo e Manuel Quintáns. Estas introduccións explican a obra de Roberto Vidal Bolaño desde un punto de vista contextual, cinematográfico e dramatúrxico, respectivamente, dando luz sobre cuestións e percepcións que abren vieiros para novas interpretacións da obra do autor
Inma López Silva (2003) Pequenos bechos, grandes obras
E unha pequena lembranza daquelas primeiras representacións da obra, co elenco de Teatro do Aquí
Pingback: A rede vólcase en descubrir a Roberto Vidal Bolaño a propósito do Día da Letras | Baía Edicións